Ábrese a campaña

Presentouse en Santiago de Compostela O xogo das cadeiras. Manifesto pola entrada das mulleres na Academia Galega. O manifesto, que parte co apoio de máis de 50 mulleres de distintos ámbitos da cultura, a política e os movementos sociais, pódese ler íntegro neste blog (premer en ADHÍRETE ao manifesto “O xogo das cadeiras” no menú superior).

Ábrese agora a campaña de adhesións a través do blog O XOGO DAS CADEIRAS a cantas persoas, organizacións e institucións desexen sumarse (información na columna da dereita). Mulleres na Academia Galega XA!

Esta entrada foi publicada en Mulleres! e etiquetada . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Ábrese a campaña

  1. Xosé Manuel López Ciprián di:

    A modernización da súa estrutura, o compromiso coa cultura e lingua do país e o prestixio social recuperado nos últimos anos pola RAG ten que ter o seu correlato co recoñecemento do papel das mulleres no ámbito social en xeral e no cultural e lingüístico en particular.
    Que as mulleres, despois de 105 anos da súa creación polos devanceiros, aumenten a súa presenza na Academia non só dará a resposta acaída a unha demanda histórica, tamén contribuirá á dinamización do seu importante traballo na elaboración dunha gramática e dicionario tan necesarios para a normalización do noso idioma.
    Adhírome á petición de cadeiras para as mulleres deste país que contribúen desde o seu ámbito de traballo e de creación á dignificación do galego e ao seu avance na sociedade.

Os comentarios están pechados.