Cara a un novo Ano Rosalía, por Dolores Vilavedra

[…] Rosalía outra volta. Petando xa nas portas, un 2013 no que celebraremos o medio século do Día das Letras e os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Un momento ideal para revisitarmos a figura de Rosalía de Castro, revitalizada na última década grazas, por unha banda, ás novas achegas que se teñen producido no eido da investigación académica e, por outra, ao intenso labor desenvolto pola Fundación rosaliana baixo a presidencia de Helena Villar Janeiro, ao tempo que se puñan as bases do que debe ser unha institución do século XXI, chamada a xestionar o legado literario e simbólico da nosa escritora fundacional. Todo sen esquecer a atinada e desenfadada difusión da figura rosaliana levada a cabo polo Goberno bipartito. Se cadra, os tempos son chegados de dedicarlle outra volta a Rosalía o Día das Letras. A Academia faría así un xesto de recoñecemento ao papel secular desempeñado polas mulleres na cultura galega, un recoñecemento que polo de agora parece relear, como no seu día puxo en evidencia o blog O xogo das cadeiras con notable adhesión cívica. Oxalá a Academia non ignore as novas ocasións que teña para dar pasos nesa dirección.

Publicado en El País, edición Galicia 16/05/2012

Esta entrada foi publicada en Reaccións! e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.