Tempo de devalar, por Dolores Vilavedra

[…] Rosalía é inesgotable; tanto, que non sería mala idea dedicarlle outra volta o Día das Letras Galegas 2013. Lembren que se cumpren 150 anos da publicación dos seus Cantares e da institucionalización do Día das Letras Galegas. E, postos a recoñecer o carácter de efeméride que o 17 de maio ten, explotémolo en toda a súa dimensión. Velaquí vai a idea, para quen a queira recoller. Paga a pena reler Rosalía cunha ollada do século XXI, paga a pena presentárllela ás novas xeracións, paga a pena exportala: Rosalía de Castro, Día das Letras Galegas 2013. […]

Publicado en El País, edición Galicia 28/10/2011

Esta entrada foi publicada en Reaccións! e etiquetada . Garda a ligazón permanente.